6 de jan. de 2012

Grandes esperanzas galegas


Con motivo do ano Dickens que se vai celebrar en 2012 polos 200 anos do nacemento deste autor, quero ofrecer unha modesta achega ós lectores galegos consistente nunha versión da obra Great expectations á nosa lingua.
Con anterioridade traducín Oliver Twist, que foi publicado por Galaxia hai xa cinco anos. Agora propoño algo de características moi distintas: non unha tradución convencional, xa que o meu traballo non me permitiría dedicarlle todas as horas diarias que requiriría, senón un atallo consistente en pretraducir unha versión castelá de Great expectations coa axuda do tradutor automático da Universidade de Vigo e logo puír esa pretradución confrontándoa co orixinal.
Tomo como base a tradución castelá de Great expectations que realizou en 1886 Benito Pérez Galdós e que está dispoñible en Wikisource ou en Dominio Público. Non é terriblemente exacta, pero soa bastante ben (iso que hoxe algúns chamarían unha tradución “de autor”), e en calquera caso intentarei corrixir as inexactitudes máis gordas na comparación co orixinal.
A miña intención é publicar un capítulo cada día, así que temos choio para un par de meses. A tradución galega, tanto os capítulos soltos como a obra completa, poderase distribuír libremente. Espero que vos guste o resultado e que estas horas que dedicarei e celebrar ó gran mestre inglés axuden a difundir un pouco máis a súa magnífica obra. Feliz lectura.

Nenhum comentário:

Postar um comentário